REMATOU O CURSO!!!

Chegou o remate do curso e o centro realizará un festival para despedirnos ata o ano que vén.

Unha das actividades promovidas polo EDLG será un recital con poemas de Manuel María que será levado a cabo por alumnado voluntario, que recibeu como agasallo, ante esa actitude xenerosa e desinteresada, unha taza para o almorzo con palabras gravadas na nosa lingua.




Foi un pracer poñer en marcha este blog a prol da nosa lingua e cultura. Aquí queda reflectido todo o noso labor ó longo deste curso 2015-16. 

Como coordinadora do equipo desexo que pasades unhas estupendas vacacións!!!!!

BO VERÁN!!!



Manuel María no día das nosas letras

Na entrada do noso centro podemos gozar dunha pequena exposición sobre a vida e obra de Manuel María, un autor comprometido coa lingua, coa patria, coa cultura galega...!!!!







MANUEL MARÍA

Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Manuel María, polo que o EDLG regalou chapas (con títulos de poemas) e pegatinas (con versos das súas composicións) a todo o alumnado do centro para celebrar tan importante acontecemento dentro da nosa cultura.









TEATRO

Hoxe comezou no Teatro Principal o ciclo de teatro do "Ben veñas maio" coa obra do noso centro titulada "Espida". 

A representación tivo lugar ás 12:30 e os catro grupos de 2º da ESO e os tres de 1º de Bacharelato tiveron o pracer de desfrutala.

Agradecemos moito o traballo e a dedicación do grupo teatral!!!










VISITA Ó SALÓN DO LIBRO

Este xoves 21 de abril os catro grupos de 2º da ESO visitaron o Salón do Libro. Primeiro asistiron a unha charla no salón de actos do Pazo da Cultura e despois descubriron, cos monitores, os diferentes recunchos que conformaban a exposición deste ano titulada "Canta bichería!"






















LUÍS AMADO CARBALLO (1901-2001)

Esta exposición conta a vida e obra do escritor pontevedrés, con especial atención ó seu contexto familiar, cidadán e xeracional. Incide sobre todo na súa produción literaria e xornalística.