A LENDA DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. "A alma do morto levada por familiares"

A lenda di, que Santo André percorría os camiños vagarosamente, e diríamos que un pouco Véxote tristeiro Andrés, que e o que te acontece? – e San Andrés respondeulle:
A peregrinación a San Andrés de Teixido debe facerse polo menos unha vez na vida, segundo
a tradición, do contrario a alma non descansará ata que un vivo elixido acompañe ao morto ao
santuario polo menos tres veces.
Estas tradicións entroncan con ritos pagáns ancestrais. Tamén se di que o defunto se converte
en lagarto cando en vida non visitou a ermida.


Está situado nun cantil fronte ao mar, entre as vilas de Cedeira e Cariño, nas rías Altas.
O 8 de setembro e o 30 de novembro é costume peregrinar ata o santuario onde se encontra a
reliquia de San Andrés de Teixido. A tradición fai que moitas persoas vaian ao cemiterio,
chamen ritualmente a un morto e a partir de entón viaxen con el, levando asento, diñeiro e
comida coma se houbese realmente outro acompañante.
A viaxe pode ter condicións como ser en silencio, falando sen parar, sen ollar atrás, a pé ou
calquera outra condición que o defunto esixa e revele ao romeu. O santuario é do século
XVII, edificado sobre un antigo do século XII no que había un antigo altar de sacrificios.
Á baixada do santuario deposítanse pedras no camiño, que forman milladoiros, algún é
impresionante. Os ramos de San Andrés se adornan con sanandreses, figuras de miga de pan
pintado que representan a vida do santo.



 

Divino mestre: ando tristeiro porque vexo que de todo o mundo veñen xentes a visitar o teu
discípulo Santiago que está en boa terra e ten bos camiños para chegar anda el; e sofren e
padecen nos longos días das lonxanas romaxes… - e con toda a humildade engadiu- en
troques ninguén ven a pé de min ; o meu santuario está decote baleiro, como se eu non for
tamén voso discípulo, non menos fiel e celoso do ben para todos os homes.
Noso señor, amarreado e ollándoo con agarimo díxolle entón:
Dís ben Andrés e ti non has de ser menos do que Xacobe. De hoxe en diante prométoche que
ninguén ha de entrar no ceo sen que tiver visitado o teu santuario polo menos unha vez na
vida; e aquel que non o fixer de vivo farao despois de morto. “ A San Andrés de Teixido, vai
de morto o que non vai de vivo”

amuado se non for santo, pero si non amuado moi contento non había andar tampouco.
Un dia no decurso dunha das súas longas caminatas, en que ia cavilando na súa pouca sorte,
achouse de súpeto ante o Noso Señor, que viñera a nosa terra para ver como andaban as
cousas e o velo o señor preguntoulle:

No hay comentarios:

Publicar un comentario