O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA A MIMÍ

Hoxe é un día frío. Sinto  frío nos ósos ou nalgún punto de min, moi dentro. Teño unha profunda sensación de desamparo. Hoxe Milagros, a nosa Mimí, quixo deixarnos un pouco máis sós. Non nos preguntou nin nos consultou, ela tan forte, tan animosa, decidiu irse e marchou. En silencio, case nas puntiñas dos pés. Ao mellor por iso costa tanto crelo, Milagros, non nos deches o tempo da despedida, débelo . E todo o que nos quedou por dicir? Que facemos coa escuma dos recordos de máis de 14, 15, 20 anos?Quixeches marchar silandeira e intimamente tan lonxe da verdadeira Mimí que recordaremos: a barulleira, a descarada, a pelexona polos dereitos do alumno, a loitadora pola lingua. Rebelde, graciosa, sempre preparada para disfrutar de cada instante, xa bailando, xa cantando, xa actuando. Sempre viva. E así será, compañeira, así será.

                                                     A MIMÍ ARTISTA TAMÉN NO INSTITUTO
                                         SEMPRE DISPOSTA A ALEGRAR O CENTRO
                                         ALEGRE E OPTIMISTA, SEMPRE DISPOSTA


ESTE FOI O SEU ÚLTIMO TRABALLO PARA O CENTRO AO QUE DEDICOU MOITOS ANOS E XERACIÓNS DE ESTUDANTES. GRAZAS, MILAGROS E ATA SEMPRE

5 comentarios:

  1. a min nunca me deu clase pero cando me enterei da noticia por unha mensaxe de movil, pareceume mentira, non o podía crer, sempre que a vía estaba alegre, gritando ou cantando. Seguro que ela non sabía nin sequera da miña existencia pero nunca me esquecerei dela, recordo ben o ano que se disfrazou en carnaval e saltaba polas cadeira cunha vasoira, sempre tan cercana, sempre cun sorriso para regalar
    Sempre te recordaremos Mimí.

    ResponderEliminar
  2. Era a muller da alegría. Era a única sempre disposta a todo, a defendernos, cousa que eu vivín na miña carne, por ela, por esta muller da alegría non tiven problemas no instituto, por ela fixemonos un pouco máis persoas... hoxe só lle pido a morte que deixe de posar a súa man en quen non debe, que deixe de levarse a persoas coma ela... sempre estarás connosco.
    ah! sabela, grazas por facer o que estás facendo, porq se non é por ti, non faríamos nin a metade das cousas, e Mimi non sería recordada como debe.GRAZAS.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Non hai ningunha imaxe que exprese realmente ben o que era. O que fixo por nós, os alumnos ,e o que seguirá facendo dende o recuncho no que se atope. O tempo seguirá a pasar, pero Mimí estará sempre ahi, como estivo sempre. Sempre viva nas nosas lembranzas Mimí.

    ResponderEliminar
  5. O único que podemos facer é pensar que o sitio ó que foi e que logo iremos nós sexa como ela desexase.

    ResponderEliminar