POBRE PROFESOR

Esta trascripción, aínda que pareza esaxerada, é verídica e exacta. Isto é unha clase con 1ª ESO (12 anos) un xoves a 5ª hora. Só é un exemplo.
Os nomes dos alumnos son ficticios para que a súa ignorancia quede na intimidade da clase.
Eu: Bos mozos, hoxe imos estudar o vocabulario das comidas en inglés: copiade estas 5 categorías (escríboas no encerado) e escribides en cada columna todas as palabras que vos saibades.
Amanda: En inglés?

Eu: Si, mellor que en Ruso, en inglés.
Luis. Profe,
Eu: 5. As que hai no encerado.
Luis: A min non me caben.
Eu: Pois proba a pór a folla apaisada
Luis: que significa apaisada?
Eu: Horizontal, ou sexa: así (demóstrollo)
Juan: que título pomos?
Eu: Proba con “Food”, que é o que escribín no encerado.
Fran: podo facelo a lapis?
Eu: Non, non podes. Xa sabes que no caderno só se escribe con bolígrafo.
Jessika:Como se di carne
Eu: Dixen que escribades o vocabulario que saibades vós. Non o que saiba eu.
Noel: O ovo é unha verdura?
Eu: Non, non é unha verdura
Federico: que título pomos?
Eu: Dixeno xa dúas veces.
Amanda: Pódese pór “rechicken”?
Eu. Non, porque repolo non se di así en inglés (risas xeneralizadas)
Nieves: Como se di lura?
Eu: Dixen que escribades o vocabulario que saibades vós.. Non o que saiba eu.
Jesús: Hai que escribilo no caderno?
Eu: Pois se non é que queiras escribilo na mesa...
Ricardo: Profe,
Eu: Pero ti laváches as orellas esta mañá?
Nieves: Podo pór zume na categoría de sobremesas?
Eu: Mellor pono na de líquidos.
Fran: Podo pór polo na categoría de sobremesas?
Eu: Neste continente, non.

1 comentario: