TI QUE OPINAS?

Este debuxo do álbum NÖS de Castelao reflicte a situación de moitas familias galegas nas que os fillos deciden emigrar cara a América, aínda que os seus familiares non queiran, pois son a única esperanza de futuro, de saír da pobreza. Nesta imaxe o velliño intenta convencer o rapaz para que non marche, pero o rapaz parece decidido a facelo. O vello vese que pasa necesidades, nótasenlle os ósos, e iso mostra a vida do labrego que tanto critica Castelao en todas as súas obras. Intenta mellorala coa súa participación na política. POR AARÓN, 4º ESO

Na imaxe vemos un mozo novo e serio levando a unha anciá da man(seguramente a súa nai). Castelao intenta expresar a frustración e a resignación do pobo galego que ten que deixar a súa terra para buscar oportunidades noutros países. A figura da velliña pode interpretarse como Galiza, referíndose a que cando o galego marcha, leva a súa terra con el. XULIO H. 4º ESO

E TI QUE OPINAS?

No hay comentarios:

Publicar un comentario