QUEREDES PARTICIPAR?

CONCURSO DE PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS PARA FELICITAR O
NADAL EN GALEGO
BASES
1. A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de
presentacións de Nadal en formato dixital para promover o uso da lingua
galega na comunicación propia destas festas e no ámbito das novas
tecnoloxías.
2. As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben incorporar texto e
este ha ser redactado en lingua galega. Evitarase incorporar audio, a non ser
que este sexa de autoría propia.
A extensión máxima da presentación é de dez diapositivas.
3. O tema das presentacións debe estar vinculado ao Nadal (para felicitar o
Aninovo, Día de Reis, Festa de Nadal en xeral etc.).
4. As presentacións deben ser orixinais e non poden estar publicadas
previamente nin premiadas noutros certames.
5. Os traballos seleccionados formarán parte dunha galería de presentacións
que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(www.xunta.es/linguagalega)
6. O envío das presentacións farase por correo electrónico ao seguinte
enderezo: secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es
Formato da mensaxe:

Asunto: concurso Nadal 2010
A mensaxe non debe vir asinada, senón que debe anexar, xunto coa
presentación, un documento de texto no que conste o nome e apelidos do
autor/a e, opcionalmente, un teléfono de contacto.
A conta de correo remitente será o contacto co autor ou autora.
A data límite de envío de presentacións é o
7. O xurado estará formado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, que escollerá as tres mellores presentacións que obterán premio,
así como a selección de traballos que formarán parte da galería exposta na
web de Política Lingüística.
O xurado dará a coñecer a súa decisión antes do día de Nadal.
8. Outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en
galego (libros, cómics e cds e dvds) para cada un dos gañadores ou
gañadoras. Non se entregará máis dun premio por participante.
9. As fotografías, imaxes, mensaxes e, en xeral, calquera contido empregado,
así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade
exclusiva dos autores das presentacións.
10. A participación neste concurso implica a autorización automática á
Secretaría Xeral de Política Lingüística para publicar a presentación. Así
mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito de
corrixir os erros lingüísticos que poidan aparecer no texto, co fin de evitar a
difusión de presentacións incorrectas.
11. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases e do
ditame do xurado.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2010
20 de decembro de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario