QUERES LER?

OS ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO QUEREN INVITARVOS A LER OS LIBROS QUE ELES LEN E QUE RECOMENDAN PARA TODOS. DEIXEMOS QUE NOS ORIENTEN. AQUÍ TEDES ALGÚNS COMENTARIOS

Comentario
Este libro é un dos que máis me gustou, xa o de Cartas de Inverno me encantara. Os capítulos que máis me gustaron foron “Esta estraña lucidez” xa que o uso do can como narrador e explicar como se sente el e o seu amo,  paréceme un método moi orixinal. Tamén me gustou o capítulo “Un radiante silencio” xa que explica esa confusión que ten a protagonista pensando en quen pode ser o que lle manda esas mensaxes , imaxinándose que son os habituais que van á librería, pero sen pensar nos máis sinxelos. O que menos me gustou foi “Riós da memoria” porque non é unha historia moi orixinal nin ten gancho. En xeral o libro está moi ben redactado,  enténdese bastante ben, e gústanme os diversos problemas que teñen os protagonistas e como expresan as súas emocións lendo unha estrofa o libro como en “Un radiante silencio” e “Unha historia de fantasmas”.
Alesander Pérez Carramal 1º Bach A


O único que queda é o amor:
            É un libro de microrrelatos baseados nese primeiro amor que nunca se esquece, xa sexa por unha persoa que te marca para sempre, por un lugar onde pasaches os teus anos de neno ou por un libro que cambiou a túa percepción da vida.
Todos estes relatos veñen acompañados pola ledicia que o amor trae consigo e pola dor que este leva consigo cando as cousas non saen como un espera.
Ao comezo dos microrrelatos e metidos entre eles, o autor intercala fragmentos de libros para tentar a súa lectura. Partes moi breves doutros libros que cando son ao principio introdúcenos a el facéndonos unha idea do que poden tratar.

            Persoalmente pareceume un libro sinxelo de ler. Reflicte moi ben moitas das posibles situacións ás que te poden levar amar algo e os diferentes sentimentos que se achegan a ti cando isto pasa.
O relato que máis me gustou foi o de “Un radiante silencio”. Neste relato o autor invita a ver máis aló do superficial e do lóxico. É como unha suxestión a vivir cada segundo e a loitar polos teus desexos deixándose levar polos impulsos.

paula piay 1º de bacharelato


Resumo da obra: A PRAIA DOS AFOGADOS de Domingo Villar.

   A praia dos afogados trata dunha historia sobre o asasinato dun mariñeiro chamado Xusto Castelo, cometido na zona de Panxón, de Nigrán (Pontevedra). Ao principio da obra aparece o inspector visitando ao seu tío no hospital, acompañado polo seu pai, cando de súpeto o seu axudante chámao e dille que apareceu un morto na praia e que o axudaran a afogar.
Na obra non só se trata o tema do descubrimento do autor do asasinato, senón tamén se ven aspectos da vida dos galegos, como parte da vida dunha cidade como Vigo, a través do programa de radio no que intervén o inspector ou da relación co seu pai e o seu tío. Tamén se pode observar ao longo da obra como é a vida dos mariñeiros, en particular como son algunhas dos seus costumes, como é a forma de vestir para traballar, os días que non van pescar ou algunhas supersticións como a de cuspir e tocar ferro cando se fala dun morto. Outro costume galego é cando, preto do final do libro, a muller de Marcos Valverde pregúntalle unha cousa ao inspector e el contéstalle con outra pregunta, o que, ao parecer, é un costume en parte dos galegos contestar algunhas veces con outra pregunta; outro aspecto que se pode observar no obra é unha especie de publicidade da gastronomía galega como son o excelente viño que cultiva o pai do inspector ou algúns dos pratos típicos que se serven no bar Puerto como o bacallau grellado ou chocos con arroz, ou tamén cando o autor fala das poxas de peixe e marisco que se fan na lonxa de Panxón.
Centrándonos no tema principal da obra que é o asasinato de Xusto Castelo, no intento por resolver este caso os axentes pasan por diferentes lugares como son, entre outros, Aguiño, Vigo ou a praia América. Tamén, ao longo da investigación,  vese o traballo de laboratorio que fai o médico forense para axudar a esclarecer o crime. As xestións que fan os axentes da policía coas persoas que coñecían ao morto, as cales lles contan diferentes historias, e tamén como o recordo dun asasinato, non esclarecido, hai moitos anos preto do lugar onde apareceu o cadáver de Xusto Castelo, sendo este recordo o afundimento do barco Xurelo en extrañas circunstancias que ninguén sabería explicar, pero o inspector Caldas ao indagar no asunto descubriu moitas cousas sobre este afundimento, coma que o mesmo día do afundimento o capitan Sousa dixéralle a outro capitán doutro barco que non sairía á mar con esas condicións. Tamén se descubriu o asasinato dunha muller, ao parecer, coñecida polos membros do Xurelo que ao final tamén tivera relación co asasinato de Xusto Castelo.
Todas estas investigacións fan que o inspector Leo Caldas e mais o seu axudante o aragonés Rafael Estévez dean co asasino, volvendo a vida do resto dos personaxes á normalidade.

  Esta obra gustoume moito porque foi de lectura fácil a pesar de que era longa, xa que o autor soubo como manter a atención durante todo o libro para que seguises lendo a obra para poder chegar ao final e descubrilo todo. É un libro que recomendaría ler xa que tamén, tal e como se explica anteriormente, fala de como traballan outros colectivos como o policial, o radiofónico ou o dos mariñeiros. E outra cousa que fai que a lectura sexa fácil é que se trata dun tema de actualidade como a investigación dun crime e os personaxes que aparecen na obra son xente de hoxe en día. Outro aspecto que me encantou do libro é que ao comezo de cada capítulo o autor pon as distintas definicións que ten unha palabra, e estas definicións axudan a entender máis fácilmente partes do libro.      
ERIC  GARCÍA 1º BACHARELATO

Cartas de inverno:

Un libro tan bo que mete medo

Cartas de inverno é unha novela que nos amosa unha intriga ideal para querer seguir a historia ata o final.
Este libro de Agustín Fernández Paz trata sobre a historia de Xabier Louzao, que deixou unhas cartas á súa irmá Tareixa polas cales seguimos o fío dos acontecementos. Xabier tamén deixa un sobre pechado e pídelle que se non volve recibir noticias del, entréguello ao inspector Soutullo. O motivo das inquedanzas de Xabier é o contido das cartas que lle enviou o seu amigo Adrián, o cal tiña problemas na súa nova casa. Máis adiante comprendería que nese lugar, situado en Doroña, agocharíase unha aura encantada e seres horripilantes que levarán á desaparición de Xabier e Adrián.
Se es un fan das novelas de medo, nas que Agustín Fernández é un experto con obras como Aire Negro (que tamén vola recomendo…),  este libro é ideal. A única crítica que vos podo comentar  é a súa monotonía nas cartas, xa que os diálogos son escasos. Non faltan capítulos nos que o medo inunde a nosa habitación, recomendo ler este libro pola noite, xa que nunca está de máis meterse na cama cunha sensación de que algo arrepiante vai ocorrer.
Quizais o final non sexa do voso gusto, xa que é un pouco desconcertante e aberto; pero non por iso deixa de merecer a pena. Os extraños sucesos que lles ocorren a Adrián e a Xabier garantízavos un bo rato de lectura.

Paula Sobral Viñas. 1º BACH A


O libro de cartas de inverno gustoume moito, xa que me pareceu moi divertido e entretido, e para min iso e moi importante porque senon aburríriame e custaríame leelo.
O que mais me gustou foi a parte de intriga e medo xa que o que consguiu o autor con iso foi darme as ganas de siguir leendo ata acabalo.
Cartas de inverno trata sobre dous amigos q se separan polo traballo pero que se siguen vendo cada ano, nunhas fechas determinadas.
Un deles decidiu virse a vivir a Galicia e mercou unha casa embruxada. O amigo mentres se instalou estaba fora enton non puido recibiras cartas que lle enviaba, e cando a leeu viu que nelas habia algo estraño. Cando foi a visitalo decatouse de que desaparecera. El instaluse na casa pensando que volveria pero non o fixo.
O final o que producese un incendio na casa e non se volve saber nada deles.

RICARDO M UÍÑOS 1º BACHARELATO A


Eu recomendo este libro pra ler, xa que non e moi extenso, e conta unha historia chea de intriga, o que facilita a lectura, e pra xente que non está acostumada a ler moito, e gustarialle iniciarse na lectura, seria un bo libro pra facelo, xa que a historia engancha moi pronto, e a min non me pareceu nada aburrida, xa que sempre queres saber o que vai pasar despois, tamén é un bo libro pra os amantes do xénero de misterio.

Iván Goldar Blanco 1º Bach. A



 María Xosé Queizán relat nesta novela a súa propia cidade e, ó mesmo tempo, a dunhas mulleres de Galicia. Non de calquera muller. E as rapazas activas, ilusionadas, decididas a descubrir o mundo e a súa propia condición naqueles tempos dos anos 20 e, sobre todo, dos anos 30. Para as persoas que aprecian o significado da historia da nosa terra. Amor de tango é unha novela para gozar. É liberal e pioneira en tantas cousas, ás súas xentes traballadoras, a aquelas primeiras obreiras das fábricas de sardiñas que tanto fixeron polo avance desta cidade, á Ría en concreto e ó mar en xeral.Margot é a transmisión da sabedoría. Da avoa recibe a capacidade que a salvará de tanto desastre, a capacidade para ver o que foi e xa non é, o recordo, as imaxes, a palabra. Unha reconstrucción do Vigo da República e da represión Franquista, a través dos recordos de Margot.


NOA FERNÁNDEZ TORRES, 1º BACHILLERATO A.

TRES DISPAROS E DOUS FRIAMES

RESUME
Frank Soutelo, un sabuxo intelixente, veise inmerso nun caso que está a investigar ata o punto de xogarse o seu propio pelexo.
O encargo que Sarah Moore, promesa en Hollywood, lle propúña a Frank parecía doado ata o intre no que un dobre asasinato rompe con todas as súas previsións.
A partires dese momento o detective pretende a resolución do mesmo, vivindo numerosas aventuras que o levarán a desubrir fascinantes sorpresas durante o relato.

CRÍTICA
 “Tres Disparos eDous Friames” conta a extraña vivencia dun detective nun caso non moi habitual na vida real pero tal vez sí común nas historias policíacas.
O máis reprochable do libro é que na metade do mesmo xa ocorre o suceso máis salientable e non é moi difícil ir trazando as liñas que resolverán o final. A historia consigue enganchar grazas a pequenas e numerosas sorpresas que suceden no seu transcurso pero que non teñén que ver coa verdadeira historia.
Malia todo, un libro fácil de ler coma este no é desaconsellable para ninguén que sexa aficionado á lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario