ALUMNO ANÓNIMO

Se te vas, se cambias de bando, non conseguirás nada. Deixarás o que queres, o que amas. Pero irte será esquecer a dor, a tristeza, e iso é o que che satisfai, non? Esa é a tentación. Pero o que non pensaches foi que ao deixar todo iso atrás, acabarase o ser para ti. O mesmo que nos fai sufrir, si, non cho vou negar, pero tamén o que nos coida, o que mataría por amor, o que por amar deixaría todo, pero xamais se cambiaría de bando.
  Eu tamén querería poder escoller, poder desexar, poder saber e ver o que vai acontecer. Mais non é posible. E xa sabemos: o que foxe é un covarde, e iso é así aquí, alá e no outro bando. Leva a certos remorsos que farán desexar todo e máis para voltar ao que deixaches atrás, para retornar ao bando de todos ata que a nai natureza crea conveniente cambiarte.
 Aí está a diferenza entre abandonar e loitar, pois non é o mesmo abandonar loitando que perder abandonando. "Te toca y te tocó", dicíame el, e o bando no que estamos non é xusto, pero temos sorte. Hai puntos de vista peores.
  Só aceptar a realidade, farache sentir o que os demais poden chegar a sufrir
Domingo, 6 de xullo de 2010

1 comentario: