ANÍMATE E PARTICIPA

CONCURSO
DE AUDIOVISUAL
O Equipo de Normalización do IES XUNQUEIRA2 convoca un concurso de ANUNCIOS PUBLICITARIOS (tipo o de Gadis) co fin de promocionar o uso da Lingua galega nas novas tecnoloxías.

Tema: Usa o galego
Participantes: Aberto a todos os alumnos do Centro
Categorías:   1.- Alumnos de ESO
                      2.-Alumnos de Bacharelato
Características: Formatos habituais de Windows. A entrega farase a través dun DVD.
 O traballo deberá ser formato  anuncio televisivo  que promocione o uso da lingua galega cunha duración máxima de 3 minutos. A creación  será,  obrigatoriamente, nesta lingua.
Prazo de presentación: A data límite de presentación será o día 2 de Maio de 2011. Poderán ser entregados a calquera dos profesores de Lingua Galega do IES Xunqueira 2.
Premios: Haberá dous premios, un por categoría, que consistirán nun vale para gastar no Hiperfroiz de Cruz Gallástegui.
Xurado: Estará formado por catro profesores, un alumno e un membro do persoal non docente.
Propiedade intelectual:  Os traballos quedarán en propiedade do Equipo de Normalización para utilizalo e difundilo con liberdade sen  prexuízo da autoría.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES XUNQUEIRA 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario