A VOSA CREACIÓN LITERARIA

Espertei entre unhas fortes dores na barriga. Atopábame débil e non entendía moi ben o que me estaba a pasar.
-Andrés, esperta, Andrés!
-Ale! Qué pasa?
-Chama a unha ambulancia, rápido!
-Pero...
-Veña!

Mentras o meu marido chamaba, eu erguínme e puxen unha saia. Fun ao baño e mireime no espello. Tiña a barriga moi hinchada. Qué era o que me pasaba?

Chamaron á porta e Andrés abriuna rapidamente. Tumbáronme na cama e oscultáronme. Estiven esperando a escoitar algo como " non ten boa pinta " pero nada. Non dixeron nin unha palabra.
Trasladáronme ó hospital e alí pasei un par de dias facendo todo tipo de probas. E ao final escoitei aquilo que non escoitara antes:
-Alexandra, verás, tes un cancro de ovarios. Non ten moi boa pinta.
A xente que estaba ao meu arredor botouse a chorar pero eu fiquei totalmente calada.


Hoxe despois de 6 meses loitando, estou de novo no mesmo hospital.
Sinto que vou marchar moi pronto e que esta dor tan intensa por fin rematará.
-Mamá, traioche o almorzo.
-Compota, o mesmo de sempre.
-É o que hai muller, ademáis seguro que está boísima.
-Xandre, meu neno, non necesito comer máis.
 Isto vai rematar moi cedo e quero que saibas que es o mellor que me pasou na vida e que nunca esquecerei todo o que fixeches por min. Dille ao teu pai que andarei namorada del eternamente e que ficará sempre na miña memoria.

Sentín como as palabras xa non se articulaban e gastei o meu derradeiro fio de vida nunha bágoa que se esvaeceu polos meus beizos.
POR ELENA

No hay comentarios:

Publicar un comentario