CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2015

Como é tradición, nestas datas sóense enviar tarxetas de Nadal para felicita-las festas ás persoas que máis queremos ou coas que non poderemos estar durante eses días, polo que vos animo a que participedes no concurso que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, cuxo lema será: “Un cariño en galego”.
                                                                   ÁNIMO…!!!

BASES:
Ø Poderán participar tódalas alumnas e alumnos do centro.
Ø Cada persoa poderá presentar coma máximo dúas tarxetas, que levarán o nome e o curso da autora ou autor por detrás.
Ø As tarxetas poderán estar confeccionadas con calquera técnica e material. Deben incluír obrigatoriamente un lema (inventado, uns versos dun vilancico en galego…) alusivo ó tema e redactado en galego. O motivo pode ser relixioso ou non.
Ø Formato: tamaño folio (dobrado ou non pola metade).
Ø Entregaranse a calquera profesora de Lingua e Literatura Galegas.
Ø Haberá dúas categorías e o PREMIO consistirá en material de debuxo e pintura.
o   Primeira: 1º, 2º e 3º da ESO.
o   Segunda: 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
Ø Data límite de entrega 11 de decembro.
Ø Tódalas tarxetas serán expostas na entrada do centro e colgadas no blog “Bolboreteando2”.
Ø O nome dos gañadores daranse a coñecer o último día de clase do mes de decembro e os premios serán entregados á volta das vacacións de Nadal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario