ROTEIRO CASTELAO
28-01-16

     Este xoves os cursos de 2º de Bacharelato fixeron un percorrido polas molladas rúas de pedra de Pontevedra, mergullándose na zona vella da cidade e nalgunhas das rúas que configuraban a vila de principios do século XX.

     Roberto, o guía, viaxou pola etapa na que Castelao estivo vinculado á cidade. Visitaron a Sala Castelao no Museo de Pontevedra e remataron esta andaina no Café Moderno, testemuño de tantas e tantas conversas de personaxes esenciais dentro da nosa cultura.



Praza da Ferreiría

Praza da Leña



Praza da Canteiría (a máis ruidosa da vila)


Escudo no que se inspirou Castelao


Praza do Teucro (a lenda conta que Teucro é o fundador da cidade)

Homenaxe a Castelao

A Praza dos Músicos (Castelao, Bóveda, Carlos Casar, Valentín Paz Andrade e Ramón Cabanillas co músico Manuel Quiroga tocando o violín)


     Agradecementos ó Concello de Pontevedra por ofrecernos este tipo de actividades tan gratificantes, que fan que o entorno sexa a mellor escola do mundo. Tamén a Roberto, o guía, polas súas explicacións e anécdotas tan amenas, divertidas e interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario