CHEGOU O ENTROIDO!

     A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Celébrase entre os meses de febreiro e marzo, xa que varía conforme a Pascua e a Coresma. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.

     Coa chegada desta festividade tradicional galega apetécenos saborear larpeiradas típicas coma as filloas, as canas... No centro púidose recoller hoxe un libriño con receitas, refráns e información sobre esta celebración .

   Desfrutade e vémonos á volta!




Agradecementos ó Departamento de Lingua Galega e Literatura
pola elaboración do libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario