ROTEIRO SARMIENTO

O xoves 17 de marzo os grupos de 1º da ESO A e B realizaron o "Roteiro Sarmiento", que percorre a zona vella de Pontevedra (praza de Méndez Núñez, rúa de Sarmiento, Arcos de San Bartolomeu, praza da Pedreira, rúa do Arco, praza de García de la Riega, Enfesta de San Telmo, praza de Alonso de Fonseca, avenida de Santa María, praza de Galicia, rúa da Alfándega, rúa de Tetuán, rúa Real, Soportais, praza da Ferraría, paseo de Odriozola, Pasantería e praza da Leña). O itinerario busca dar a coñecer a etapa de Sarmiento na cidade, a súa infancia e a primeira mocidade na casa familiar da praza de Méndez Núñez.










Algunhas das ideas máis destacadas de Frei Martín Sarmiento eran:

  • O problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria.
  • O seu rexeitamento irado do castigo físico que sofrían algúns nenos por expresárense en galego na clase.
  • A súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia.
  • O seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario