ÚLTIMO DÍA DE CLASE DO 2015
Brenda e Nicole (1º ESO B)
Este trimestre foi moi divertido porque era algo novo para algúns. Certos compañeiros non están moi felices coas notas e esperamos melloralas porque somos "1º B", os bos.
Feliz Nadal a todo o mundo!!!
Antía, Iria e Martín (1º ESO D)
Este primeiro trimestre pareceunos unha boa experiencia, onde ocorreron moitas cousas das que aprendemos moito, fixemos novos compañeiros e algúns moi bos. Esperamos que o próximo trimestre sexa coma agora ou mellor.
Noelia, Tania e Yago (2º ESO A)
Neste trimestre fixéronse amizades novas, foi bastante difícil e houbo que esforzarse moito. Coñecemos novos profesores e novas materias. Foi divertido e custoso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario