DOMINGO VILLAR E A NOVELA NEGRA MADE IN GALIZA

Escritor e novelista brillante naceu en Vigo en 1971. Trátase dun dos fenómenos editoriais máis destacados destes últimos anos sen que el mesmo o poidese imaxinar. A irresistible atracción do que son obxecto os seus libros. Cal é o seu segredo? Sen dúbida a creación dun mundo propio dentro da novela negra; un mundo co seu tempo e espazo determinados, laberintos e misterios, que provoca no lector que o descobre o placer por habitalo.

Para os críticos literarios pódese incluir a Domingo Villar no grupo dos sucesores de Hammett, Ellroy, Chandler ou Vázque Montalbán.
O escritor en Ollos da auga ten creado ao inspector Leo Caldas do mesmo modo que fixo Henning Mankell co inspector Wallander, por exemplo.


A praia dos afogados recórdanos a Los Perros de Riga, xa que nesta os cadávares dos homes asasinados sons arrastrados unha mañá pola corrente ata a costa sueca nun bote salvavidas, e naquela, tamén unha mañá, o corpor do mariñeiro maniatado e sen vida é levado pola marea ata unha praia da ría de Vigo.
A vista dos resultados tan contundentes no número de traducións como nas cifras de superventas, é fácil de entender por que Domingo Villar ten cautivado o interese dos lectores con ta só dúas novelas no seu historial narrativo. Porque dende o seu ADN como escritor, logrou contaxiarnos dunha atmosfera especial nos seus relatos, sostida como pretexto para mostrarnos a sinxela complexidade das súas criaturas de ficcións. Dá o mesmo que na súa primeira novela escóndase nun apartamento do piso 18 da viguesa torre da illa de Toralla ou que, nun dos seus artigos de prensa, un vello pianista recorde nun club de jazz de Berlín a vida dun adolescente galego dado por morto en 1938. E dá o mesmo porque o que nos fascina deste autor é o seu xeito de narrar, o manexo virtuoso da ironía e o clima de tensión con que constrúe auténticas esceas memorables. Iso é o importante.
Domigo Villar é ademais:
  • Crítico gastronómico, tertuliano de libros e fútbol na radio.
  • Escribe en galego e tradúcese a si mesmo ao castelán.
  • Publicou no 2006: Ollos de auga, traducida ao inglés, alemán, italiano, ruso, búlgaro e sueco. Premio Frei Martín Sarmiento, Premio Sintagma, Premio Brigada 21.
  • Publicou no 2009: A praia dos afogados traducida ao polaco, italiano, holandés, francés, alemán e inglés.
  • Premio Antón Losada Diéguez, Libro do ano pola Federación de Libreiros de Galiza. Autor do ano pola revista Fervenzas literarias, Premio Brigada 21, Finalista ao Premio Libro del año del Gremio de Libreros de Madrid, Finalista ao premio Novepol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario