LETRAS GALEGAS 2012

A Real Academia Galega decidiu conmemorar a este autor

Xurista, político, galeguista, empresario e tamén ensaista e poeta. Esta é a traxectoria do autor ao que se adicará o ano que ven o día das letras.

Valentín Paz Andrade naceu en Lérez (Pontevedra) en 1898 e morreu en Vigo en 1987. Foi o primeiro impulsor, xunto con Manuel Fernández, da primeira gran multinacional galega, Pescanova, impúxose sin gran debate a unha vintena de nomes por sumar un enorme traballo no mundo do xornalismo e do ensaio coa súa capacidade empresarial e o seu compromiso con Galiza. Segundo informou o secretario da academia, Xosé Luis Axeitos, que destacou a súa faceta como promotor de xornais. Paz Andrade promoveu xornais como Galicia e El Pueblo Gallego, dous grandes piares culturais do galeguismo da época anterior á ditadura.
A figura de Valentín sempre sobresae como exemplo do galeguismo comprometido coa empresa. Avogado, director de xornais e político comprometido durante a II República (faltáronlle poucos votos para ser deputado nas Cortes constituíntes de 1931), colaborou co Estatuto de Autonomía de 1936. Admirador de Castelao, que foi quen máis influíu na súa obra literaria, foi desterrado durante as primeiras décadas do franquismo e detido varias veces por axudar a fuxir a intelectuais galeguistas e defender a condenados.

Trala fundación de Pescanova, da que foi dende 1960 vicepresidente, seguiu desenvolvendo unha activa laboura como ensaista literario, histórico e económico sobre o progreso de Galiza especialmente nas súas relacións comerciais internacionais a traverso do sector pesqueiro.

Trala morte de Franco, Paz Andrade representou a Galiza na Comisión dos Dez que negociou a transición co Goberno de Adolfo Suárez. Elixido membro da Real Academia en 1964, non pronunciou o seu discurso ata 1978, sendo xa senador por Pontevedra nas primeiras Cortes democráticas. O seu patriotismo tamén destaca na súa obra poética. Formou parte da Xeración de 1925.

Con sorpresa e moita gratitude acolleu a súa familia a elección do próximo Día das Letras Galegas, segundo manifestou o seu fillo Afonso Paz Andrade, actual vicepresidente de Novacaixagalicia e conselleiro de Pescanova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario